Despois das dificultades técnicas que tivemos coa aula virtual do noso IES, comezamos agora unha nova maneira de estar en contacto. Confío en que será útil e nos permitirá suplir a falta de comunicación que sufrimos na última semana. Con este medio teredes ao voso alcance as novas que se vaian producindo nas diferentes materias.
Aos alumnos de Filosofía e cidadanía de 1º de Bacharelato e Ética e Filosofía do Dereito póñovos unha ligazón á páxina da que vos falei para que reflexionedes sobre a influencia das crenzas nos comportamentos morais: yo no soy bruja
Estamos xa comezando a facer exames, moito ánimo a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario