TEMARIO
1.
Da natureza á convención.
2.
Relativismo e moralidade.
3.
A racionalidade moral.
4.
Da heterenomía á autonomía moral.
5.
Autonomía e intersubxectividade.
6.
As definicións do ben moral: a ética antiga e medieval.
7.
As definicións de ben moral: a ética moderna e contemporánea.
8.
Moral e dereito.
9.
Dereito e democracia.
10.
Dereito e desobediencia.
11.
Do estado democrático á internalización dos dereitos humanos.
Cuestións para entregar antes do día 19 de maio (sobre a lectura proposta na clase):
Tema 3. A racionalidade moral.
Despois de ler os artigos de prensa sobre os atentados de París, analiza, distingue e clasifica os distintos planos de discurso, segundo que sexan descritivos, explicativos ou valorativos.
Por exemplo os seguintes:
Do ABC
De El mundo
De El confidencial
TEMA 1. DA NATUREZA Á CONVENCIÓN
- Que pensan noutros países europeos sobre a reacción en Francia contra o velo islámico?
- Segundo o autor, prohibeuse o velo para lograr a igualdade entre o home e a muller? Razoa a resposta.
- As feministas musulmás están en contra do velo?
- Os musulmáns franceses crense tratados igual que os seguidores doutras relixións?
- Que significa "mixidad"? (ten en conta o título do texto).
- Que relación hai entre a galantería e a prohibición do velo?
- Que diferencia hai entre "sexo" e "xénero"?Explícao coas túas palabras e aclara que conflitos ou problemas poden xurdir por confundilos?
- Que trazos positivos encontra D. Hume nas mulleres?
- Busca información en internet e explica quen foi Madame de Rambouillet.
- Busca información tamén sobre a labor das mulleres da época da Ilustración en Francia (século XVIII).
- Hai relación entre o medo a ser un "cornudo" e obrigar á muller a levar velo, segundo o autor? Dá tamén a túa opinión ó respecto.
- Teñen culpa as propias francesas de que no seu país se manteña ese xogo da galantería que anima o machismo? (segundo o texto)
- Quen foi George Sand?
Tema 3. A racionalidade moral.
Despois de ler os artigos de prensa sobre os atentados de París, analiza, distingue e clasifica os distintos planos de discurso, segundo que sexan descritivos, explicativos ou valorativos.
Por exemplo os seguintes:
Do ABC
De El mundo
De El confidencial
TEMA 1. DA NATUREZA Á CONVENCIÓN
Criterios
de avaliación:
- Diferenciar os programas de conduta instintiva do comportamento aprendido culturalmente.
- Entender en que sentido falamos da liberdade propia do ser humano.
- Definir con precisión que é e que elementos ten a cultura humana.
- Explicar a importancia da socialización como mecanismo de humanización e que instancias a realizan.
- Explicar a razón de que o ser humano sexa estruturalmente un animal moral.
Suxestións
para o estudo. Destacan
no tema as seguintes cuestións:
- As diferenzas específicas entre o modo básico de conduta animal respecto da humana.
- A necesidade de entender a natureza humana como algo que ten que ser completado
necesariamente
pola cultura.
- O exercicio de autoconstitución do que somos, implícito na noción de cultura.
- O feito de considerar todo o relativo ao ámbito normativo –ético e xurídico- como un
modo
de regulamentar e pautar a existencia social humana.
- O proceso de socialización como interiorización de pautas de comportamento e pensamento
imprescindibles
para entender o que un ser humano é. Atención ás axencias de
socialización.
- A natureza humana é así moldeable, maleable, dinámica e en continuo proceso de constitución.
Actividades
de autoavaliación
1
. Defina os seguintes conceptos e termos no marco do estudado:
–
Instinto.
–
Selección
natural.
–
Indeterminación.
–
Cultura.
–
Institucionalizado.
–
Socialización.
–
Axencias
de socialización.
2
. Realice as seguintes actividades:
–
Cuestións
1 e 2 da páxina 15.
–
Cuestións
1, 2 e 3 da páxina 19.
–
Cuestións
1 e 2 da páxina 29.
Actividades
de titoría
- A partir da lectura dos apartados “Precisando conceptos” da unidade, responda ás seguintes
cuestións:
–
Intente
explicar as diferenzas condutuais básicas entre o ser humano e o
resto dos
animais.
–
Explique
a importancia de certa concepción da liberdade para a conformación
da natureza
humana.
–
Que
trae consigo o feito da apertura e da liberdade humanas?
–
Por
que dicimos que a cultura é a segunda natureza para o ser humano?
–
Por
que as pautas morais interiorizadas son insuficientes para satisfacer
plenamente
as
decisións dun individuo?
- Realice as cuestións relacionadas cos textos de:
–
Berger
e Luckmann (páxina ).
–
Berger
e Luckmann (páxina ).
–
De
Lagarde, García e Aguas Vivas (páxinas ).
– Sartre
(páxina).
TEMA 2. RELATIVISMO E MORALIDADE.
Criterios de avaliación
- Identificar as razóns polas que o relativismo cultural e o relativismo ético impulsan os valores de tolerancia e diversidade cultural.
- Explicar a necesidade da lexitimación como mecanismo de xustificación das normas morais.
- Recoñecer as variantes históricas do proceso de lexitimación no referente ao ámbito normativo.
- Diferenciar a perspectiva emic da perspectiva etic.
- Explicar o erro implícito en toda posición etnocéntrica.
Actividades que hai que facer do 18 ó 25 de novembro.
Exercicios correspondentes ós seguintes textos:
- Páxina 47, texto de Critias.
- Páxina 48, texto de Tomás de Aquino.
- Páxina 49, texto de F. Savater.
Cuestións a estudar para o día 16 de decembro:
- Que sosteñen quenes defenden o relativismo cultural? por que implica un relativismo ético? Que vantaxes e inconvintes ten? Páxina 41
- Ó longo da historia déronse diferentes explicacións e xustificacións de por que hai certos valores e normas establecidos na sociedade, a iso chamámoslle "LEXITIMACIÓN". Hai tres tipos de lexitimación: relixiosa, naturalista e convencional (ou contractual). Explica en que consiste cada unha delas. Páxinas 45-46
- Para explicar a función que teñen as normas morais e os valores nunha sociedade, os antropólogos distinguen entre "perspectiva emic" e "perspectiva etic", expón en que consisten ambas e aclara que relacion podemos ver entre isto e as filosofías da sospeita,
- Explica por que se di que a cultura é a "segunda natureza " para o home e como grazas ós valores e normas fai "humana" a vida das persoas. Páxina 21
- Que é a socialización? cales son as axencias que a realizan e a través de que medios o fan?Páxinas 27 e 28
Ningún comentario:
Publicar un comentario