Historia da Filosofía

A partir de 1:18:10h.
Neste enlace atopamos un programa de TVE2 no que entre outras cousas se debaten ideas de Nietzsche



Exercicios sobre as tres primeiras páxinas dos apuntamentos.

  1. En que século viveu Aristóteles? como se denomina esa etapa da historia grega?
  2. En que consiste o ideal panhelénico? Quenes o defenderon e quenes se opoñían ao mesmo?
  3. Que cambio sufriu a mentalidade dos gregos despois de morrer Alexandre Magno? por que?
  4. Enumera e caracteriza os períodos da produción filosófica de Aristóteles.
  5. Cales son os obxectivos da súa filosofía? En que se diferencian dos de Platón?
  6. Por que a filosofía grega se refería á polis?
  7. Que era o "ideal aristocrático da excelencia"? Cando se quebrou e que apareceu no seu lugar?
  8. Que era a asemblea?
  9. Que significa a expresión aristotélica "o home é un animal político"?
  10. Por que e cando xurdiu o individualismo?
  11. Que modelo de sociedade defendía Aristóteles na súa política?
  12. Que ideal cultural quería Alexandre? como o levou a cabo? que consecuencias tivo ese intento?
  13. Que é a autarquía? en que modelo social dos estudados se daba?



ACTIVIDADES PARA A SEMANA SANTA

Texto 7
22. Todos os razoamentos referentes a materias de feito, parecen estar fundados na relación de causa e efecto. Por medio desa única relación podemos ir máis aló da evidencia da nosa memoria e dos nosos sentidos. Se se lle preguntara a un home por qué cre calquera cuestión de feito que non ten presente –por exemplo que o seu amigo está no campo ou en Francia– daría unha razón; e esta sería algún outro feito, como unha carta recibida ou o coñecemento dos seus propósitos e promesas anteriores. Un home que encontrase un reloxo ou calquera outra máquina nunha illa deserta, concluiría que unha vez houbo homes nesa illa. Todos os nosos razoamentos concernentes a feitos son da mesma natureza. E neles suponse constantemente que hai unha conexión entre o feito presente e ese que se infire del. Se non houbese nada que os ligase, a inferencia sería completamente precaria. Oír unha voz articulada e un discurso racional na escuridade garántenos a presenza dalgunha persoa: ¿Por que? Porque estes son efectos de produción e fabricación humanas, estreitamente conectados con elas. Se analizamos todos os demais razoamentos desta natureza, atoparemos que están baseados na relación de causa e efecto, e que esta relación pode ser próxima ou remota, directa ou colateral. A calor e a luz son efectos colaterais do lume, e un efecto pode inferirse correctamente do outro. 23. Polo tanto, se quixeramos satisfacernos no referente á natureza da evidencia que nos garante as cuestións de feito, deberiamos preguntarnos como chegar ó coñecemento da causa e do efecto.
Aventurareime a afirmar, como proposición xeral que non admite excepcións, que o coñecemento desta relación non se acada en ningún caso por razoamentos a priori, senón que procede da experiencia, na que achamos que uns obxectos particulares calquera están continuamente unidos entre si.

D. HUME; Investigación sobre o coñecemento humano, Sec. IV. Dúbidas escépticas acerca das Operacións do Entendemento; Parte I. Trad. galega de L.M. Varela Cabo (USC)




Sobre o texto anterior, realiza as seguintes tarefas
  1. Estrutura o texto en partes e indica que idea se recolle en cada unha.
  2. Pon un título ó texto que indique o seu tema.
  3. Resume a tese ou idea principal que se quere transmitir.
  4. Escolle os termos ou expresións fundamentais do texto (fíxate no subliñado e destacado en cores)  e explica o seu sentido na filosofía de Hume.
  5. Fai unha composición filosófica, ó estilo da proba de selectividade, con este texto e as seguintes cuestións:
  • Biografía e contexto do autor que tes que buscar en internet.
  • A vinculación do empirismo e o racionalismo ca revolución científica.
  • Fenomenismo e causalidade en David Hume
  • Comparación entre a filosofía empirista de Hume e o racionalismo cartesiano (podes centrarte nas ideas metafísicas dos racionalistas -as tres substancias- e na crítica de Hume, e nos diferentes métodos científicos que propoñen). Establece tamén a relación entre Hume e Aristóteles no que respecta á causalidade.






















1 comentario: