Filosofía e Cidadanía

Traballo para o Nadal 2014-2015


Despois de ler este texto, realiza as actividades que se che propoñen (podes ter en conta tamén a primeira páxina dos apuntamentos):


"Se se pregunta a un europeo culto o que pensa ao oír a palabra "home", seguramente empezarán a rivalizar na súa cabeza tres círculos de ideas totalmente inconciliables entre si. Primeiro, o círculo das ideas da tradición xudeu-cristiá: Adán e Eva, a creación, o paraíso, a caída. Segundo, o círculo de ideas da antigüidade clásica: o home é home porque posúe a razón ou "logos", onde "logos" significa tanto a palabra como a facultade de pensar o que son as cousas. O terceiro círculo de ideas é o das forxadas pola ciencia moderna da natureza e da psicoloxía xenética. e que se fixeron tradicionais tamén hai pouco tempo: segundo estas ideas, o home sería un produto final e tardío da evolución do planeta Terra, un ser que só se distinguiría dos seus predecesores no reino animal polo grao de complexidade con que se combinarían nel enerxía e facultades que en si xa existen na natureza infrahumana. 
Estes tres círculos carecen entre si de toda unidade. Posuímos pois, unha antropoloxía científica, outra filosófica e outra teolóxica, que non se preocupan unha da outra. Pero non posuímos unha idea unitaria do home."
SCHELLER, M, O posto do home no cosmos. Ed. Losada

1. Realiza un comentario do texto proposto seguindo as pautas xa explicadas noutra ocasión ( Análise do texto: Lectura comprensiva, notas marxinais e acotacións, subliñado, enunciado do tema, a tese ou idea principal e o problema do texto e división do texto en partes. Redacción do comentario: Introdución, resumo (do tema, tese e problema), explicación (co subliñado e a estrutura) e conclusión ou valoración persoal. (Tendo en conta o estudado sobre o tema).
2.Indica algunha ilustración que reflicta ou explique cada un dos círculos dos que fala M. Scheller. Pode ser un símbolo, unha obra de arte, etc.
3. Cales son as definicións básicas acerca do ser humano desde cada tradición cultural á que fai referencia o autor?
4. Que  tradicións culturais das estudadas no tema 5 non se mencionan no texto?
5. Completa o seguinte cadro, despois de ler a primeira páxina dos apuntamentos:

Tradición o g xudeu-cristiá h p
Destaca esta/s característica/s no home









Tipo de concepción (dualista ou unitaria)











Podes enviar a tarefa por correo electrónico. 






Unidad 1 sensación y percepción from Jean Vaudenay
  • Nesta presentación  explícanse os procesos da sensación e da percepción, tamén as leis da Gestalt. 
  • Na páxina de inicio, á marxe, tes unha ligazón para ver imaxes relacionadas co tema da percepción (ilusións ópticas). Tamén este vídeo é interesante, non?



  • Nesta ligazón tes outra páxina adicada ás ilusións ópticas.
  



*****  Tema 2. Cuestións máis relevantes para preparar a proba do día 4 de novembro ****


  • 2.1 Introdución, páxina 31: "os dous asuntos transcendentais para a filosofía..." ata o final da páxina.
  • 2.2 Problemas metafísicos:
      • A) orixe da metafísica: último parágrafo da páxina 32 e 3 últimas liñas do apartado A onde se resumen os temas desta materia.
      • B) definición e evolución: a definición que dá Aristóteles referíndose a dúas cuestións (as relacións entre as ciencias e... + a posibilidade dunha ciencia que...), isto aparece na páxina 33. Tamén na páxina 34 tes que fixarte no terceiro parágrado dende onde di "a partir de aí..." ata a través da fe moral".
      • C) temas da metafísica . Estudar páxinas 34,35 e 36. Pero na páxina 35, respecto á definición de substancia, ten en conta a de Aristóteles, Descartes (que a centra na súa independencia doutras substancias) e Hume (que fai unha crítica radical da metafísica porque como é empirista -é dicir, só admite as ideas de cousas que proceden do percíbido- rexeita a idea de substancia porque esa idea non vén de nada que sexa observable, o mesmo que a idea de Deus, por exemplo. O que se di na páxina 37 sobre estes temas non haberá que estudalo.
      • D) Parágrafo da páxina 37, crítica ético-moral de Nietzsche e da crítica histórico-política do materialismo marxista dó as dúas últimas liñas onde se explica que para Marx a relixión é unha forma de IDEOLOXÍA que serve para ocultar que o proletariado está sendo oprimido e explotado pola burguesía.
      • E) Nova actitude metafísica. Na páxina 38, sen citar nomes de autores, quedarse coa idea dese parágrafo: que aínda que se pensaba que a metafísica desaparecería co avance da ciencia, isto non ocorre porque a ciencia non ofrece resposta a todo e menos aínda, consolo aos que sofren, por iso existen novas formas de metafísica. Na páx 39 aprender  que unha desas novas metafísicas sería a filosofía de existencialistas como Camus e saber o que el defende; máis abaixo estudar os tres parágrafos que se refiren ó humanismo marxista e á crítica de Nietzsche á cultura occidental.
  • 2.3 Desenvolvemento tecnolóxico
      • A) definicións de técnica e de tecnoloxía e diferenciación entre ambos termos (que está nas primeiras liñas do último parágrafo). Resumir brevemente cal era a relación entre ciencia , técnica e tecnoloxía en cada época histórica (recordade o exercicio de colocar os conceptos de praxe, techne e theoría); non fai falta que citedes nomes de filósofos nas tres primeiras, e da última etapa (a posmoderna) só resumir os tres últimos parágrafos a partir da teoría de Habermas.
      • B) Estudar a definición do recadro (páx 44) e dos rasgos ou trazos da soc posindustrial e dos problemas, só citalos, sen explicar cada un.
  • 2.4 Estética
      • A definición, páx 47 e a diferencia entre obxecto artístico e estético (px 48)
      • B) definición de arte (pax 48) e as 4 últimas condicións para clasificar unha obra como artística.
      • Páx 50 Apreciación da arte como produto mercantil (todo o parágrafo)

Tema 2. Substancia e accidente.

     Nesta páxina podes atopar información relativa á materia de 1º de Bacharelato Filosofía e cidadanía. No tema 2 estabamos vendo as nocións de substancia e accidente; a noción de substancia refírese a aquelas propiedades dos seres que son invariables (as que definen a ese ser e que sen elas ese ser deixaría de ser o que é), mentres que os accidentes son as calidades variables e que aínda que falten o ser segue sendo o que é. Un exemplo: se coñecedes a alguén chamado José Rodríguez, os accidentes serían a cor da súa pel, do seu pelo, dos seus ollos; a súa estatura, etc. A esencia sería esa identidade "José Rodríguez". Outro exemplo: se falamos dunha silla, a substancia é a mesa, mentres que os accidentes serían que é verde (o "verdor"), que é cadrada, que está na sala,etc.
      Un home, un cabalo, unha pedra,etc son substancias porque non precisan doutra cousa para existir nelas; mentres que os accidentes precisan dunha substancia para existir; por ejemplo, o citado "verdor" da mesa, non existe el só senón que precisa da mesa para existir nalgo. Por iso se di que a substancia é o SUXEITO ou soporte dos accidentes, porque os accidentes teñen que estar nalgo para existir.




Tema 3: A filosofía como racionalidade teórica


Exercicios de autoavaliación para a clase do 11 de novembro:

1. Aquí atopar un artigo de prensa relacionado coa cuestión da fiabilidade do coñecemento científico. Fai unha síntese do artigo e dá a túa opinión ó respecto.

2. Realice os seguintes exercicios do apartado REPASA .
Cuestións 1, 4, 5 ,6.a,
3. Despois de ler o texto sobre a percepción da páxina 62, resume as ideas fundamentais do mesmo.





Exercicios de autoavaliación para a clase do 18 de novembro:



1. Realice os seguintes exercicios do apartado REPASA .
10.a, 12, 14.a, 14.b, 15
2. Neste enlace podes ler un artigo sobre estudos científicos. Explica a que conclusións podemos chegar sobre a ciencia baseándonos nesta lectura.
3. Cales son as diferencias entre sensación e percepción?




Exercicios de autoavaliación para a clase do 25 de novembro:

1. Realice os seguintes exercicios do apartado REPASA .
 17.b,18, 19,
2. Realice o exercicio de AUTOAVALIACIÓN da páxina 78 
3. Actividades sobre os textos:
Texto 5. “Nin todo o desexable é posible, nin todo o óptimo é realizable”: cuestións
2.a, 2.b (páxina 73).


_______________________________________________________________________________


Recorda,  a percepción ten límites: aquí e agora.


_______________________________________________________________________________

Ilusións ópticas:

Habitación de A. Ames:




Efecto McGurk




Aprendemos a percibir?


  • O ser humano nace con considerables capacidades perceptivas.
  • Pero o desenvolvemento dalgunhas delas require anos de estimulación ambiental normal (sobre todo ata os 8 anos).
  • Existen influencias da aprendizaxe na percepción, sobre todo cando esta ten que coordinarse coa conduta motora (con movementos). Por exemplo, nótase na habilidade para recoñecer obxectos familiares fronte a obxectos descoñecidos.


Uso do coñecemento sobre a percepción nas técnicas de publicidade



Mecanismos neuronais da atención






______________________________________________________________________

Unha miniclase en audio sobre a técnica do comentario de textos para a que nos basearemos no seguinte documento:


Texto:

“ O progreso da intelixencia animal, o que nos anima a dicir que o raposo é máis listo que a lombriga, maniféstase de dúas maneiras. Ante todo, caracterízase por controlar mellor o medio ambiente e as súas propias operacións. É dicir, son máis hábiles para resolver problemas novos e aprender. En segundo lugar, posúen un comportamento máis flexible. O seu repertorio de rutinas é máis rico. Esta intelixencia recibe información, elabóraa e produce respostas con maior ou menor eficacia. Imos chamala intelixencia computacional. A pesar dos seus progresos, son intelixencias estancadas. A creación de novidades é unha exclusiva humana. É certo que os simios poden usar ferramentas, pero abonda con comparar o seu consuetudinario uso dun pau para escaravellar nos formigueiros cos sofisticados e cambiantes utensilios humanos para ver a diferencia. Parece que, a pesar das súas impresionantes habilidades, estes animais privilexiados teñen un teito baixo, que os mantén cautivos. Continúan determinados polos estímulos que reciben e as rutinas que herdan. A intelixencia humana é unha intelixencia computacional que se autodetermina. E esta habilidade de interiorizar os sistemas de control produce unha sorprendente transfiguración de todas as facultades. A intelixencia humana é a intelixencia animal transfigurada pola liberdade”

(MARINA, J.A. Teoría de la inteligencia creadora, Anagrama, Barcelona, 1994)


Actividades:

A) Análise do texto.

  1. Lectura
  • Lectura rápida ou prelectura.
  • Facerse preguntas. Todo o que afirma o texto podemos poñelo en forma interrogativa.
  • Lectura comprensiva
    • Uso do dicionario
    • Fixar a atención nos conectores.


  1. Notas marxinais e acotacións.
  2. Subliñado.
  3. Enunciar o tema, a tese ou idea principal e o problema do texto.
  4. Estrutura do texto. División en partes.


B) Redacción do comentario.


  1. Introdución.
  2. Resumo (do tema, tese e problema).
  3. Explicación (co subliñado e a estrutura).
  4. Conclusión ou valoración persoal. (Tendo en conta o estudado sobre o tema)


Podes escoitar as explicacións sobre como seguir os pasos anteriores nesta miniclase:







Nesta presentación tes un esquema que resume o fundamental do tema 3: 

















 Cuestións sobre o tema 4 :



  1. Explica en que consiste a moral como cumprimento do deber e que é a moral como cumprimento de principios universais. Aclara que autores defenden cada posición. (apartado B " A natureza da razón práctica moral", páxina 81-82).
  2. Que é a ética? Que é a moral? que é a política? Están relacionadas segundo os filósofos gregos da Antigüidade? (apartado 4.2. relacións ética-política Páxina 84).
  3. Como debe ser un gobernante segundo N. Maquiavelo? (Páxina 88).
  4. Hobbes defendía o absolutismo, ó Estado chámalle "Leviathan" na obra deste título, Que e como é o Estado para el? Que perden os individuos para darllo ó Estado? Que gañan a cambio? (páxina 90).
  5. Explica a distinción de M. Weber que representa o punto de partida da ética política contemporánea. (páxina 93)
  6. No apartado C "aplicación da ética á realidade sociopolítica" cítanse os supostos que segundo V. Camps definen toda éticapolítica democrática. Fíxate especialmente no último e razoa as diferencias entre a súa proposta e a de M. Weber.
  7. Escribe un breve resumo onde recollas tres razóns a favor da relación entre ética e política (inspirándote no estudado neste tema).

Tema 5


A Psicanálise:


Textos de K.Marx:

  •  En que consiste, pois, a alienación do traballo? Primeiro, en que o traballo é externo ao traballador, é dicir, que non pertence á súa esencia, que, por iso, o traballador non se afirma no seu traballo, senón que se nega, non se sente ben, senón infeliz, non desenvolve unha enerxía física e espiritual, senón que mortifica o seu corpo e estraga o seu espírito. De aí que o traballador só se sinta consigo mesmo fóra do traballo e no traballo fóra de si. “No seu” está cando non traballa e cando traballa non está “no seu”. O seu traballo non é, pois, voluntario, senón obrigado, traballo forzado. Non é daquela a satisfacción dunha necesidade, senón só un medio para satisfacer necesidades alleas. O seu carácter estraño saliéntase nidio en que en canto non hai unha constrición física ou de calquera outra índole, fóxese do traballo como da peste. O traballo externo, o traballo no que o home se allea, é un traballo de autoinmolación, de mortificación. Finalmente a exterioridade do traballo para o traballador maniféstase en que non é o seu propio traballo, senón o doutro, en que non lle pertence, en que no traballo non se pertence a si mesmo, senón a outro. Así como na relixión a actividade espontánea da fantasía humana, do cerebro e do corazón humanos, esta actúa independentemente do individuo, é dicir, é para el coma efecto dunha acción divina ou demoníaca; así a actividade do traballador non é actividade de seu; pertence a outro, é a perda de si mesmo.
MARX, K.; Manuscritos económico-filosóficos de 1844, O traballo alleado.  
  • En completa oposición á filosofía alemá, a cal descende do ceo á terra, erguémonos aquí da terra ao ceo. É dicir, non se parte daquilo que os homes din, imaxinan ou se representan, e tampouco dos homes ditos, pensados, imaxinados, representados, para dende aí chegar aos homes de carne e óso; pártese dos homes realmente activos e con base no seu real proceso vital, preséntase tamén o desenvolvemento dos reflexos e ecos ideolóxicos deste proceso de vida. Tamén as imaxes nebulosas no cerebro dos homes son sublimacións necesarias do seu proceso vital material empiricamente constatable e ligado a precondicións materiais. A moral, a relixión, a metafísica, e a restante ideoloxía, e as formas da consciencia que lles corresponden, non conservan así por máis tempo a aparencia de autonomía. Non teñen historia, non teñen desenvolvemento, senón que os homes que desenvolven a súa produción material e o seu intercambio material son os que, ao cambiar esta súa realidade, cambian tamén o seu pensamento e os produtos do seu pensamento. Non é a consciencia a que determina a vida, senón que é a vida a que determina a consciencia. No primeiro modo de consideración pártese da consciencia como individuo vivo; no segundo, que corresponde á vida real, pártese dos mesmos individuos vivos e reais e considérase a consciencia unicamente como a súa consciencia.

    K. MARX / F. ENGELS; A Ideoloxía alemá (1845/46). T.I: I.
  •  O resultado xeral que obtiven e que, unha vez conseguido, serviu de fío condutor aos meus estudos, pode ser así sucintamente formulado: na produción social da súa vida entran os homes en determinadas relacións, necesarias, independentes da súa vontade, relacións de produción que corresponden a un determinado nivel de desenvolvemento das súas forzas produtivas materiais. A totalidade destas relacións de produción forma a estrutura económica da sociedade, a base real sobre a cal se ergue unha superestrutura xurídica e política, e á cal corresponden determinadas formas da consciencia social. O modo de produción da vida material condiciona o proceso da vida social, política e espiritual. Non é a consciencia dos homes a que determina o seu ser, senón ao contrario, é o seu ser social o que determina a súa consciencia. Nunha certa etapa do seu desenvolvemento, as forzas produtivas materiais da sociedade entran en contradición coas relacións de produción existentes ou, o que é só unha expresión xurídica disto, coas relacións de propiedade no seo das cales se tiñan ata aí movido. De formas de desenvolvemento das forzas produtivas, estas relacións convértense en ataduras das mesmas. Sobrevén así unha época de revolución social.
    K. MARX; Para a crítica da economía política (1859), Prólogo.
  •  Por outra banda, emporiso, restrínxese o concepto de traballo produtivo. A produción capitalista non é simple produción de mercancías, é esencialmente produción de plusvalía. O traballador non produce para si, senón para o capital. É por iso que xa non abonda con que simplemente produza; ten que producir plusvalía. Só é produtivo o traballador que produce plusvalía para o capitalista ou en proveito da autorrealización do capital... Por iso en ningún caso o concepto de traballo comprende unicamente unha relación entre actividade e efecto útil, entre traballador e produto do traballo, senón tamén unha relación de produción especificamente social que se xera historicamente e que fai do traballador un instrumento inmediato para o proveito do capital…
    A prolongación da xornada laboral alén do punto no que o traballador ten xa producido un equivalente do valor da súa forza de traballo e máis a apropiación desta plusvalía polo capital: iso é a produción de plusvalía absoluta. Esta constitúe o fundamento universal do sistema capitalista e a orixe da produción de plusvalía relativa. Neste caso a xornada laboral está dividida de antemán en dúas partes: traballo necesario e traballo engadido. Para prolongar o traballo engadido acúrtase o traballo necesario por métodos mediante os cales o equivalente do salario é producido en menos tempo. A produción da plusvalía absoluta ten que ver unicamente coa duración da xornada de traballo; a produción da plusvalía relativa revoluciona por completo os procesos técnicos de traballo e os agrupamentos sociais.
    K. MARX;, O capital, Tomo I: Crítica da economía política, Libro I. Sec.V. Cap XIV. Plusvalía absoluta e relativa.

PRESENTACIÓN DA 1ª PARTE DO TEMA 5:




Tema 5 que é o ser humano from MariaPazLopez


Presentación da 2ª parte do tema 5. A última diapositiva non será obxecto de exame.






Tema 5 orixe e evolución do ser humano from MariaPazLopez



SOLUCIÓNS   AOS  EXERCICIOS:

17)

  • a) 2ª figura, modo EAE
  • B) 3ª figura, modo EAO
  • C) 1ª figura, modo AAA
18)
  • a) incorrecto porque o predicado da conclusión ten máis extensión que na premisa maior.
  • b)incorrecto porque o termo medio non se toma en toda a súa extensión (universal) en ningunha premisa.
  • c) incorrecto porque o predicado da conclusión ten máis extesnsión que na premisa maior.



ACTIVIDADES  PARA A SEMANA SANTA. ENTREGAR POR CORREO ELECTRÓNICO OU O PRIMEIRO DÍA DE CLASE


Tema 9. Fundamentos antropolóxicos da acción moral.

Hai tres componentes do ser humano que deben ser analizados para comprender a acción moral: a conciencia, a liberdade e a responsabilidade.


  • Con respecto ó termo "conciencia", o apartado 9.2 dá amplas explicacións; centrarémonos no título "o concepto de conciencia ao longo da historia", no apartado B no título "a conciencia moral. Orixe e desenvolvemento" e no apartado C "Desenvolvemento da conciencia moral".

Baseándote nos apartados mencionados, realiza as tarefas do apartado "Repasa" da páxina 211, nº 5.a, 6 e 7.
Despois de ler o texto nº2 realiza as actividades sobre o mesmo (agás, obviamente, a 2.b no que propón intercambio de opinións)


ACTIVIDADES DO TEMA 10 PARA ENTREGAR O DÍA 14 DE ABRIL COMO DADA LÍMITE:


  • Páxina 234 "repasa": exercicios 1 a e b e 3a
  • páx 238: 4, 5, 6a
  • páxina 240: 9a, b; 10 e 11
  • páx 245 exercicios do texto 5


Lóxica proposicional. Vídeo explicativo:





Para aprender lóxica. bos apuntamentos e exercicios prácticos neste enlace.



TEMAS 11, 12 e 13

O último bloque temático do curso versa sobre política. Terás que facer un traballo de investigación sobre as próximas eleccións municipais, así que vai recopilando información que apareza nos medios de comunicación sobre o asunto. Fíxate nos sondeos de opinión, na propaganda electoral, etc.
Un exemplo: novas siglas, vellos partidos?